Pontevedra Viva!
O Peixe Galego esperta na segunda parte e vence ao Gijón (82-68)
Por Redacción & Diego Torrado
Despois da derrota do pasado fin de semana ante o Zornotza, el cuadro marinense consigue sobreponerse y sumar otra victoria na casa.
A pesar de que o Peixe Galego non conseguiu ser superior aos asturianos durante a primeira metade do encontro, a igualdade foi a tónica do choque, que comezou con dous triplos, un de cada bando a escasos segundos do asubío inicial. Con todo, aos cinco minutos, os do Gijón xa gañaban por unha diferenza de 6 puntos (5-11).
A partir de aí, o marcador comezou a estar máis axustado, xa que os de Javi Llorente terminaron de meterse no partido e lograron case darlle a volta ao mesmo xusto antes de dar comezo ao segundo parcial (18-19).
Aos 30 segundos, Badmus igualou o resultado cun tiro libre (1 de 2). Con todo, o Círculo Gijón colleu distancia e púxose a 9 puntos dos marinenses (19-28) no 3' do segundo cuarto. O Peixe tirou de orgullo e volveu sobrepoñerse, conseguindo, a 10 segundos do descanso, un 34-37. Así, os visitantes íanse aos vestiarios cunha pequena vantaxe de 3 puntos.
A segunda parte foi outro mundo. O cadro pontevedrés foi xa non só mellor que durante os primeiros 20 minutos, senón tamén superior aos asturianos en todas as facetas do xogo. No terceiro parcial xa lle deran un xiro ao resultado conseguindo un 25-20 (59-57).
Nos últimos 10 minutos os locais lograron os dous puntos da xornada con total autoridade. Isto reflectiuse no luminoso, no que os de Llorente dobraron aos de Gijón en puntos (un parcial de 23-11), cun sorprendente 82-68.
Relacionadas:
-
O Peixe Galego gaña en Plasencia e ascende ao segundo posto (65-69)
Por Redacción |
-
O Peixe Galego asoma á cabeza da LEB Prata tras vencer o Clavijo na Raña (76-65)
Por Redacción |
-
O maior acerto do Zornotza ante a canastra impide ao Peixe seguir sumando (71-67)
Por Redacción |
-
O Peixe plántalle cara ao Igualatorio Cantabria e logra a súa quinta vitoria (76-61)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
O último cuarto condena o Peixe Galego en Azpeitia (71-66)
Por Redacción |